Segundo Aristóteles:
- O movemento é o paso do acto á potencia.
- Só pode moverse o que é en acto.
- O movemento é o paso da potencia ao acto.
Segundo Aristóteles:
- O movemento local é sempre violento.
- O movemento local é sempre natural.
- O movemento local pode ser natural ou violento.
Segundo Aristóteles:
- O movemento local natural é sempre rectilíneo.
- O movemento local natural é sempre circular.
- O movemento local natural pode ser rectilíneo ou circular.
Segundo Aristóteles, o movemento local horizontal:
- É sempre natural.
- É sempre violento.
- Pode ser natural ou violento.
Segundo Aristóteles, un cambio de cor:
- É un movemento cualitativo.
- É un movemento cuantitativo.
- É un movemento substancial.
Segundo Aristóteles, un cambio de cor:
- É un movemento accidental.
- É un movemento substancial.
- Non é un movemento.
Segundo Aristóteles, o movemento local dos seres inertes:
- É sempre violento.
- É sempre natural.
- Pode ser natural ou violento.
Segundo Aristóteles, o elemento terra, pola súa propia natureza, móvese sempre:
- Cara abaixo.
- En círculos perfectos.
- A natureza do elemento terra é o repouso.
Aristóteles define a causa eficiente como:
- A que consegue o seu obxectivo.
- O axente.
- A esencia.
Segundo Aristóteles, a esencia dun ser é:
- A causa eficiente dos seus cambios naturais.
- A causa material dos seus cambios naturais.
- A causa formal dos seus cambios naturais.
Nos seres vivos:
- A causa final é a causa formal.
- A causa final é extrínseca.
- A causa formal é extrínseca.
A física, segundo Aristóteles, estuda:
- As causas materiais últimas.
- As causas eficientes últimas.
- As causas próximas.
Segundo Aristóteles, a metafísica estuda:
- As causas próximas.
- As causas últimas.
- As causas extrínsecas á natureza.
O primeiro motor inmóbil é:
- Acto puro.
- Potencia pura.
- As dúas cousas.
- Ningunha das dúas cousas.
O primeiro motor inmóbil é:
- Forma pura.
- Materia e forma.
- Éter.
O primeiro motor inmóbil:
- Move como causa eficiente.
- Move como causa final.
- Move en círculos perfectos.
Segundo Aristóteles:
- A forma é potencia respecto da materia.
- A forma é o acto da materia.
- Só é potencia a materia primeira, a materia segunda é o que é en acto.
Segundo Aristóteles os elementos son:
- Materia primeira.
- Materia segunda.
- Mixtos.
Segundo Aristóteles os mixtos son:
- Materia primeira.
- Materia segunda.
- Os elementos.