Xustificación pedagóxica

20200402054039XuveM.jpg

Esta webquest está pensada para estes tempos convulsos de pandemia. Nun momento onde as familias están preocupadas pola sítuación sanitaria, polos recursos económicos, polos maiores (vítimas principais desta pandemia), pensamos que podería ser un bo exercizo para o alumnado pescudar e reflexionar sobre outra pandemia que quedou moi gravada na memoria colectiva da sociedade galega e española.

Temos que ver contidos curriculares que estimulen, que axuden a comprender tempos como os actuais, pero de paso podemos profundizar un chisco máis no traballo dos historiadores. Facernos preguntas, fomentar a curiosidade sen preguntarnos ata onde pode chegar un alumno. Haberá os que se queden co titular, outros que se queden coa anécdota, outros que analicen os feitos con interese e outros, os que queren aprender máis, que lles parecerá curto e abrirán novas portas da historia. Dirixímonos a todos eles.

Estamos nun tempo onde podemos abrir temas de actualidade sen presa, sen estar condicionados polo currículo.

Esta webquest é para quen a queira utilizar e compartir.

Analizamos un feito, a gripe española e este tema nos serve de desculpa para aventuralos na historia, nos documentos, prensa, nas causas e consecuencias, nos procesos, na memoria.

O tempo que pode levar isto? Catro sesións lectivas. Dúas para recoller información e dúas para crear o produto final 

Standards

Primeiro tema do bloque de Historia de 1º ESO

XHB3.1.1. Identifica elementos materiais, culturais ou ideolóxicos que son herdanza do pasado.

Obxectos de da vida cotiá que xurden naquel momento. As imaxes

XHB3.2.1. Nomea e identifica catro clases de fontes históricas.

Familiarízanse coa crónica dun xornal da época e coa linguaxe xornalística. Os xornais, unha fonte histórica. 

XHB3.2.2. Comprende que a historia non se pode escribir sen fontes, sexan estas restos materiais ou textuais.

Partindo dunha crónica nun xornal do 6 de febreiro de 2020 desenvolven a pescuda de toda unha época.

XHB3.3.1. Ordena temporalmente algúns feitos históricos e outros feitos salientables, utilizando para iso as nocións básicas de sucesión, duración e simultaneidade.

A 1ª guerra Mundial, a gripe española, o reinado de Alfonso XIII. 

Credits

Como docente agradecemos a posibilidade de poder usar os xornais dixitais e arrastralos para a comprensión dunha época histórica

Grazas a:

  • La Vanguardia,
  • El País,
  • BBC,
  • Nós diario

As imaxes proceden dos diarios antes mencionados, do portal dixital da gaceta médica, do xornal dixital El Confidencial, do portal de National Geographic, do portal de Madridiario e do portal andalunet.

Other

Este contido pode ser compartido.

Contacto: humart64@gmail.com

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0