Tarefa

Tarefa

20200401065216usyne.png

Cando remates de facer esta web quest deberías ter claro:

1. O tipo de fontes coas que debe traballar un historiador

2. O feito que pescudamos, as súas causas, a época na que se encadra e as consecuencias ás que deu lugar

3. O que é unha pandemia e que medios se utilizaron para combatila

4. O paralelismo fotográfico da pandemia entre 1918 e 2020

5. A importancia de coñecer o pasado para aprender leccións de cara a non cometer os mesmos erros

Todo isto debes recollelo nunha presentación despois de ler as fontes que te pasaremos a continuación e resolver as múltiples cuestións

Esa presentación debe ter a seguinte estrutura:

1. O tipo de fonte histórica que dá pé a este exercizo

2. Causas da pandemia tratada no exercizo

3. Contexto no que se desenvolve a pandemia

4. Remedios contra a pandemia

5. Consecuencias da pandemia

6. A vida cotiá naqueles anos 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0