Proceso

1º paso: Vemos a fonte histórica: unha crónica recollida nun xornal, La Vanguardia de Barcelona, o 6 de febreiro de 1919. Podes velo no arquivo PDF adxunto.
- Aí vemos que se falan de remedios contra a gripe. De que remedios fala segundo os países? Por que cres que recorren a eses remedios? Falan con esperanza deles ou non teñen moita confianza?
2º paso: Comezamos a pescudar que pasou con esa enfermidade:
- Que remedios foron utilizados para loitar contra esa enfermidade? Cres que a crónica que leíches antes formaría parte dos remedios caseiros? Había unha idea clara de como vencer á enfermidade?
- Falan de facer sangrías. En que consistía e con que finalidade?
- Por que se denominou gripe española?
- Por que en España foi coñecida popularmente como " Soldado de Napolés"?. Escoita a canción ( tes a ligazón neste espazo)
- Por que as autoridades non eran partidarias de falar moito desta enfermidade?
- Que acontecemento había en aquel momento que os tiña máis preocupados? Pescuda que países participaron nese acontecemento
- Onde se orixinou a enfermidade? Como cres entón que chegou a aquí?
- Que feitos aceleraron o contaxio da enfermidade?
- Que síntomas tiña esta enfermidade? Que nivel de letalidade tiña?
- A quen afectou máis? A que personaxes chegou a afectar?
- Pescuda que consecuencias puido ter: número de mortes, como foi afectada a economía,..
3º paso: Recolle fotografías sobre tres elementos da vida cotiá daquela época (moda masculina o feminina, transportes, obxectos do fogar) e tres inventos que apareceron para quedarse.
4º paso: Recolle imaxes actuais semellantes ás que podemos atopar daquela pandemia e as confrontas unhas coas outras.