Se o tema te gustou e tiveches curiosidade probablemente vexas a actual crise sanitaria non como algo excepcional senón como algo que de forma periódica asola á humanidade. Desgraciadamente vivimos nunha sociedade moi creída da súa fortaleza tecnolóxica e sempre pensamos que ese tipo de historias van a afectar a África ou a América Latina, pero non ao mundo rico. Pois agora xa ves como se poden sentir neses países: vulnerables
Probablemente, aprenderas que houbo unha guerra terrible hai 100 anos que aportou mortes e destrucción e como os males non veñen sós de guinda unha pandemia que deixou a todo o mundo tocado.
Probablemente aprenderías que España non participou da Gran Guerra, pero sufriu esta pandemia
Probablemente aprenderías que, como hai 100 anos, non soubemos ver a gravidade dos contaxios
Se de todo isto tes máis curiosidade, estupendo, e se ademais de un tema tiras do fío vas pasando a outros temas acabas por entender mellor toda unha época. Pois así traballan os historiadores.
Para concluír, abaixo tes un artigo sobre como foi a pandemia en Galicia.
Se de todo isto chegas á conclusión de que a historia é necesaria para saber como chegamos ata aquí e que sabendo como lle foi á humanidade noutros tempos (loxicamente nun contexto diferente) sempre podemos tirar algunha lección que nos alerte de sucesos similares no momento actual.
Deixamos aquí un vídeo que explica o oficio de historiador e os criterios que debe seguir toda investigación histórica