O que non leva en si o principio do seu movemento é:
- Natural.
- Artificial.
- Inerte.
Os seres inertes:
- Non posúen movemento natural.
- Son capaces de moverse por si mesmos.
- Diríxense a si mesmos cara ao seu propio fin.
O movemento natural dos seres inertes é:
- Local.
- Cuantitativo.
- Violento.
A vontade é propia de:
- Os seres naturais.
- Os seres vivos.
- Os seres que posúen a facultade intelectiva.
A facultade intelectiva proporciona ao que o posúe:
- O apetito.
- A vida.
- A vontade.
A función vexetativa inclúe:
- O apetito e a vontade.
- O crecemento e a nutrición.
- Soamente movemento local natural.
Segundo Aristóteles, a capacidade de dirixirse a si mesmo cara ao seu propio
ben é propia de:
- Soamente dos seres humanos.
- Todos os seres vivos.
- Todos os seres naturais.
Os seres vivos e os inertes diferéncianse en que:
- Os seres vivos posúen movemento natural e os inertes non.
- Os seres inertes son artificiais e os vivos naturais.
- Os seres vivos dirixense a si mesmos ao seu fin e os inertes non.
A diferenza entre os seres vivos e os inertes provén de:
- A forma.
- A materia.
- O quinto elemento.
Segundo Aristóteles:
- Todos os seres vivos posúen alma.
- Todos os seres naturais posúen alma.
- Só os seres humanos posúen alma.
Aristóteles define a alma como:
- A forma do ser natural.
- A forma do ser vivo.
- A forma do ser humano.