A vida (500-428 a. de C.)

As homeomerías

Anaxágoras admite, con Parménides, que o ser é increado e imperecedero e, con os pluralistas, que nacer e morrer son mestura e separación de elementos. Mais, posto que nada novo pode orixinarse, Anaxágoras se pregunta cómo entonces pode formarse unha cosa de outra, como ocorre no fenómeno da alimentación, no que os alimentos pasan a integrar o corpo alimentado, o como o pelo ou as uñas saen de o que non é pelo ni uñas.

Conclue que o que parece novo ten que estar xa contido nos alimentos inxeridos en partes tan pequenas que non poden ser percibidas. Estas partículas pequenísimas, chamadas por Aristóteles "homeomerías", son infinitas en número, cualitativamente diferentes, eternas, inmutables, indestructibles.

Hai partículas de tódalas substancias que existen e cada substancia contén partículas de todas as demais . Así, "todo participa de todo". O predominio dun tipo de homeomerías é o que da a peculiaridade específica a unha cousa.

O nous

As homeomerías encontrábanse orixinariamente mesturadas nunha masa compacta e maciza, sen intersticios nin separación algunha. Unha causa exterior, o Entendemento ou Nous, que imprimiu a esta masa inerte un movemento de remolino de modo que as partículas foron separándose e uníndose para dar lugar ós distintos seres.

A noción dunha intelixencia ordenadora é a principal contribución de Anaxágoras á Filosofía, implica a distinción entre a materia e o espírito ou mente e plantexa o problema da finalidade transcendente. Sen embargo, Anaxágoras recoñece ó nous unha única función: a orixe do movemento e da orde. Todo o demais explicariase mecánicamente. A súa filosofía encadrase, pois, entre o finalismo e o mecanicismo.

Última modificación: miércoles, 16 de septiembre de 2020, 10:21