Vida (fl. 450 a. de C.)

Na loita, que aínda dura, entre os que como Parménides, en nome da alma e da idea negaban a materia e os sentidos, e aquelos que, como Demócrito, reducían a materia ata a idea e o alma, interpuxose, co pretexto de conciliarlles, o que acaso foi o máis pintoresco e turbulento de todos os filósofos de todos os tempos: Empédocles.

Nacera en Agrigento, dunha familia de criadores de cabalos de carreiras. Seu pai debía de ser unha especie de Tesio de aquel tempo, e tal vez preocupado polo carácter indócil, exuberante e temible do chico, mandoulle a escola cos pitagóricos que, seguindo as pegadas de seu mestre, fundaran un pouco en todas partes colexios célebres pola seguridade da disciplina. Empédocles zambuíuse co seu innato ímpeto na Filosofía, entusiasmouse coa teoría da transmigración das almas e en seguida descubriu en sí mesmo a dun pez porque nadaba magnificamente, a dun paxaro porque corría como unha frecha: "xa que fun, durante algún tempo, home e muller, árbore e paxaro, e pez mudo no mar" e ó fin a dun deus: "¡De qué alturas, de qué gloria fun arroxado sobre esta miserable terra para mesturarme con eses bípedes vulgares!", exclamaba indignado. Mais, incapaz de gardarse o desdén no peito, revelou todas esas inquietudes súas fora do colexio, cousa rigorosamente prohibida pola regra dos pitagóricos, que lle expulsaron.

Empédocles no volveu a casa. Convencido xa da súa orixe divina, deuse a recorrer o mundo calzado con sandalias douradas, un manto de púrpura sobre os ombros e a cabeza adornada con guirnaldas de loureiro, ofrecéndose como médico e adiviño. Dicía que era seu hirmán Apolo quen lle suxería as receitas e prediccións. E tal vez o cría en serio. Deu leccións de oratoria a Gorgias, que despois demostrou habelas aproveitado brillantemente. Improvisouse enxeñeiro para o desecamento dos pantanos de Selino. Organizou unha revolución en Agrigento, levouna ó triunfo e, declinando a dictadura, instaurou a democracia. A ratos perdidos escribía poesías tan perfectas como para suscitar máis tarde a admiración de Aristóteles e de Cicerón. Pero sobre todo se consideraba un filósofo a quen incumbía a misión de conciliar Parménides con Demócrito, a alma cos sentidos, a idea ca materia. E intentouno inventando a lei que presidía as combinacións dos átomos e as súas descomposicións: o Odio e o Amor.

Sobre o seu fin hai dúas versións. Segundo a máis digna de crédito, Empédocles, cando os gregos cercaron Siracusa, correu a defendela, con gran despecho de Agrigento, que odiaba á cidade rival e que por castigo lle desterrou a Megara, onde morreu. Pero segundo Dióxenes Laercio, que no podía contentarse con epílogo tan trivial, Empédocles desapareceu misteriosamente durante unha festa convocada para celebrar o milagre que el obrara resucitando a unha morta. Máis tarde, de el se encontraron soamente os calzóns ó borde do cráter do Etna, onde evidentemente arroxárase por non deixar rastro do seu corpo e confirmar así a súa orixe divina. Desgraciadamente, aquel trivial indumento, devolto á superficie por unha erupción, delatoulle: os deuses non usan calzóns.

Os catro elementos

Empédocles cre, como Heráclito, na multiplicidade das cosas e no seu continuo cambio. Admite catro elementos fundamentais, cualitativamente inmutables e eternos: terra, auga, aire e lume ; os tres últimos xa coñecidos, ós que engade a terra.

Tamén admite o principio de Parménides segundo o cal non é posible nacer da nada. ¿Cómo explicar entonces os fenómenos do nacer e o perecer?.
Nacer non é máis que o mesturarse dos catro elementos. Perecer consiste na disgregación ou separación dos elementos constitutivos. Todo cambio non é máis que un cambio de lugar das partículas dos catro elementos: Tódalas cousas están formadas por partículas destes catro elementos o raíces. A mestura destes elementos é mecánica, é dicir que, ó descompoñerse as cousas, os catro elementos que as integran volven a aparecer sen modificación. Pode considerarse a Empédocles, polo tanto, como o descubridor do concepto de "elemento". A súa doutrina dos catro elementos terá validez ata Lavoisier (século XVIII).

Os dous principios que orixinan o movemento no mundo son o Amor e o Odio. Ambos están en continua loita. Segundo Empédocles, é por amor que os elementos se asocian, e polo odio que se disocian nun proceso eterno que vai adiante rumbo ó infinito. E si os sentidos non nos permiten aferralo, nos poñen, sen embargo, no bó caniño para facelo. Non hai que crer cegamente neles, pero tampouco hai que desprecialos.

En principio, parecería que as forzas do Amor e o Odio deberan considerarse integradas naquela parte da Natureza que tradicionalmente se lle atribuíu ó alma; sen embargo, encontrámonos tamén en Empédocles con un radical rexeitamento de grande parte das connotacións que se acumularan no concepto de "Natureza" : A idea de forzas naturais manifestándose no seno de elementos inertes, dotándoos dunha estructura; a idea de esencias que se realizasen na materia; a concepción da Natureza como xénesis ou organización no tempo, etc.

Para Empédocles, a Natureza é presuposta na súa fonte, os catro elementos, pero refutada na totalidade das súas produccións, é dicir, en todo o que se refire a forzas e capacidades productivas: non se concibe a presencia de forzas naturais no mundo; toda acción é o resultado da asociación e do azar; incluso o que chamamos "vida" é simplemente a capacidade que os elementos teñen de asociarse e disociarse, producindo segundo o grado de conveniencia [ (Amor)] o incompatibilidade [ (Odio)] , toda a variedade de existencias diferentes pola súa constitución e súa duración. Un home, unha besta salvaxe, unha planta, designan simplemente unha certa disposición dos elementos que chegan a tomar corpo sen que puída evocarse ningún tipo de evolución o finalidade: "Os membros axustaronse ó azar dos encontros, e moitos outros naceron sen discontinuidade, engadéndose ós que xa existían". A aparición dunha especie non significa o triunfo o o avance de ningunha evolución ou finalidade, senón a simple realización dunha posibilidade de agresión, de mestura azarosa, a partir doutros agregados dispersos, carentes de sentido ou utilidade. Nunha pasaxe que se acostuma interpretar como evocación do "caos orixinario", pero que dificilmente ten, en Empédocles, ese carácter de xénese do que xa falamos, di: "Sobre a Terra crecían numerosas cabezas sen pescozo, brazos illados e privados de ombros vagaban e ollos vagaban de tal forma que no nenriquecían ningunha fronte".

Amor e Odio, que presiden toda disolución das mesturas non designarían máis que a compatibilidade o incomposibilidad, a conveniencia o inconveniencia das diversas mesturas. Non son forzas que trascendan ós elementos e gracias ás cales os elementos inertes se animarían para constituír un mundo organizado; máis ben parece que son os elementos mesmos, só que considerados en tanto que son ou non susceptibles de asociación.
Nesta loita dase un momento no que o Amor vence totalmente ó Odio: é o "Sphairos". Neste instante toda a masa de partículas está agrupada nunha esfera totalmente homoxénea. Entonces volve a actuar o odio e volve a xurdir a multiplicidade: nace o mundo con tódolos seres. Chega un momento tamén no que o Odio vence totalmente ó Amor: é a "Acosmia". Neste momento tódalas partículas de cada elemento reúnense e aparecen por separado. Este proceso é eterno e dirixido pola necesidade.

Este eclecticismo de Empédocles tal vez foi debido a súa exuberancia, á súa curiosidade devoradora e ó seus variables humores que non lle permitían encadrarse nunha escola e limitarse a ela e non lle deron tempo para desenvolver da "a" á "z" unha teoría orgánica. Mais este desordenado pensador foi en compensación un personaxe fora do corrente e siguiu séndoo ata de vello, cando votou lonxe de si as sandalias de ouro, o quitón de púrpura e a coroa de loureiro e, descalzo como un franciscano, convirtiuse nun sermoneador que invitaba ós homes a purificarse, antes da reencarnación que lles agardaba, renunciando ó matrimonio e -tamén el como Pitágoras- ás fabas.

Last modified: Wednesday, 16 September 2020, 10:21 AM