Parménides

A vida (fl. 470- a. de C.)

Foi o fundador do idealismo, corrente filosófica oposta ó materialismo.

Parménides naceu en Elea, nas costas italianas. Foi discípulo de Xenófanes, o fundador da escola eleática e do monoteísmo, que dicía do Deus único que "sempre está no mesmo lugar, nunca se move. Non é adecuado a súa natureza ir a diferentes lugares en diferentes momentos... El non é en modo algún similar ós homes mortais, nin en corpo nin en pensamento".

Parménides estudiou a Pitágoras e aceptou algunhas das súas ensinanzas, especialmente no campo da astronomía. Pero tiña demasiados intereses no mundo dos homes para perderse no do Cosmos. Redactou, por encargo do goberno de Elea, un código de leis. E só se entregou á Filosofía como pasatempo, escribindo dela, como entonces estaba ó uso, un poema que, para cambiar, chamouse "Sobre a Natureza" no que Parménides nos mostra un camiño de iniciación da mano da deusa que lle mostra a "verdade ben redonda" e do cal só nos quedan dous centenares de versos.

O Ser

Refutou a tese de Heráclito segundo a cal "todo transcorre" e a realidade consiste en ese transcorrer ou transformarse. Segundo Parménides, en cambio, "todo está", é dicir, que a transformación non é máis que unha ilusión dos nosos sentidos. Nada comeza, nada se torna, nada se acaba. O ser é a única realidade. E é inmóbil, porque para presumir que este se desprace de onde está adonde no está , habería que admitir a existencia de un espacio baleiro que non sendo, non pode existir, por canto o ser, por definición, o enche todo por si mesmo. O que se identifica tamén co pensamento, por canto non se pode pensar máis que o que é e, inversamente, non pode ser máis que o que se pensa. É dicir, supoñía que o mundo real era un, un todo indiviso, sen partes, homoxéneo e inmóbil. O movemento é imposible nun mundo semellante. En verdade non hai cambio algún. O mundo do cambio é unha ilusión.

Parménides baseou a súa teoría dunha realidade inmutable en algo semellante a unha proba lóxica, que Popper interpreta da seguinte maneira: Xa a teoría de Haráclito apelaba á "palabra verdadeira", ó logos, á razón para chegar á conclusión de que nada é máis real que o cambio. Sen embargo, a súa doutrina acerca da unidade do mundo, da identidade dos opostos e da apariencia e da realidade conspira contra a súa doutrina da realidade do cambio, pois o cambio é a transición dun oposto a outro. De este modo, si en verdade os opostos son idénticos, anque parezan diferentes, entón o cambio mesmo só é aparente. Si en verdade, e para Deus, tódalas cousas son unha , entón, en verdade, non pode haber ningún cambio.

A consecuencia anterior foi extraída por Parménides; o seu argumento pode ser formulado partindo da premisa única: o que no é no é.

A partir desta premisa podemos dicir que a nada -o que no é - non existe; resultado que, para Parménides, significa que o baleiro non existe. Así, o mundo é pleno: consiste nun bloque indiviso, posto que toda división en partes só pode deberse á separación das partes polo vacío. Esta é a verdade ben redonda que a deusa revelou a Parménides. Neste mundo pleno no hai cabida para o movemento.

Somentes a enganosa crenza na realidade dos opostos -a crenza de que non só existe o que é , senón tamén o que non é - conduce á ilusión dun mundo de cambio.

Zenón

O alumno máis intelixente de Parménides dedicouse a vulgarizar-las teorías do mestre nun libro de paradoxos, das cales chegaron ata nos unha decena. Velaí algunhas:

Una frecha que voa, en realidade está quieta no aire, porque a cada instante da súa aparente carreira ocupa un punto quieto no espacio; por tanto, a súa parábola non é máis que un engano dos nosos sentidos.

O corredor máis veloz non pode adiantar á tortuga, porque cada vez que alcanza a súa posición ela rebasouna xa.

Un corpo, para moverse do punto A ó punto B, ten que chegar á metade de ese traxecto que é o punto C. Para chegar ó C, ten que alcanzar antes a metade de ese segundo traxecto que é o punto D, e así ata o infinito. Agora ben, dado que o infinito require unha serie infinita de movementos, é imposible recorrelo nun tempo definido.

Non estamos do todo seguros de que Parménides aprobaría, de poder oílo, o método de seu secuaz para demostrar a validez das súas teorías. Pero conviría en que elo divertía moito ós atenienses, entre os que Zenón, como bo sofista, foi a predicalo. Sócrates tíñalle oxeriza e criticou asperamente a súa sofística dialéctica. Pero a imitou. Tal vez o único que non caeu nas súas propias trampas foi o mesmo Zenón, que de vello se mofou dos que lle tomaran en serio. Aquel escéptico tivo un fin de estoico cando, de regreso a Elea, lle deteron por razoes políticas e lle torturaron. Morreu ben, sen dobregarse nin lamentarse.

Última modificación: miércoles, 16 de septiembre de 2020, 10:20