1

Ibsen

Henrik Ibsen

UN ENIMIGO DO POBO

Relata a historia do doctor Thomas Stockmann nunha cidade onde o balneario é a principal atracción e o motor da economía local.

O doctor, que é deses tipos que aínda teñen principios, descobre que a auga está contaminada e se propón advertir á poboación dos riscos que pode supoñer para a saude. Pero non ía ser tan doado, posto que os intereses económicos priman sobre os sanitarios para os poderes da cidade, os medios de comunicación e mesmo o seu irmán e alcalde.

Henrik Ibsen é o máis importante dramaturgo noruego e un dos máis influintes da dramaturxia moderna.

As súas obras Un inimigo do pobosempre tiveron un trasfondo de crítica social

Hai varios exemplares da obra na biblioteca

Descarga gratuita

2

Jesús Mosterín

A NATUREZA HUMANA

La Naturaleza Humana é unha das súas obras máis renomadas. Concetrarémonos nos capítulos relativos á morte, todos eles breves, e polos ítulos xa vedes a temática:

  1. Morte e imortalidade potencial
  2. Morte da célula
  3. Morte do animal
  4. Morte persoal
  5. Conciencia da morte
  6. Medo á morte
  7. Suicidio
  8. Eutanasia

Jesús Mosterín, un dos máis prestixiosos filósofos hispanos de maior prestixio internacional, é profesor de Investigación no Instituto de Filosofía do CSIC, profesor de Lóxica e Filosofía da Ciencia na Universidade de Barcelona, profesor visitante en varias universidades de Europa, Asia e América Latina.

la-naturaleza-humana

Esta é a portada do libro que está dispoñible na Biblioteca.

3

Marvin Harris

A NOSA ESPECIE


Nuestra especieEscrito cun estilo agradable de ler aborda unha moreira de temas referidos á evolución dos seres humanos e as sociedades en que se desenvolveron, desde cuestións relacionadas co sexo, o comer, as relixións, as guerras, o canibalismo ...

Centrarémonos nestes curtos pero interesantes capítulos:

  1. "Grandeza y decadencia del hombre primegenio de Dawson"
  2. "Picapedrero, carnicero, carroñero, cazador"
  3. "La mente, las matemáticas y los sentidos"

Seguro que haberá outros capítulos que atraerán a vosa atención, consultade o índice.

Marvin Harris, antropólogo, naceu en New York en 1927 e morreu en 2001.

É o iniciador dunha corrente chamada materialismo cultural que tivo unha grande repercusión na antopoloxía actual, cuxa idea base é que a relixión, a ciencia, a arte, a música, os rituais, etc. dependen da organización familiar e política, dos papeis de cada xénero e de cada grupo de idade, da estruturación en clases socias ... o que a súa vez vén determinado polo que se pode pode producir, as tecnoloxías do momento, os nacementos e mortes, os recursos naturais...

Varios exemplares a vosa disposición na biblioteca

4

Oliver Sacks

UN ANTROPÓLOGO EN MARTE

Un antropólogo en MarteAlucinante. Un pintor que tras un accidente deixa de percibir a cor; un cirurxián cuxos tics só remiten cando opera ou pilota o seu avión; un cego que recupera a vista e dáse conta de que non sabe ver; unha autista a quen as emocións humanas deixan perplexa...

Leremos o capítulo do pintor.

Oliver Sacks, neurólogo de recoñecido prestixio e profesor da Universidade de Columbia, un dos grandes escritores clínicos da actualidade preséntanos sete casos neurolóxicos que poden lerse como sete parábolas sobre a mutabilidade da condición humana.

Preme na imaxe Oliver Sacks

5

Jean Paul Sartre

A PORTA PECHADA

Dúas mulleres e un home van parar ao inferno e este inferno, lonxe da iconografía cristiá que mostra un lugar horrible, envolvido en chamas e no que se contemplan os maiores suplicios, non é máis que unha habitación de hotel, con tres diváns e unha decoración entre barroca e kitsch, na que van ter que soportarse de aquí á eternidade.

A puerta cerradaNon hai exemplares dspoñibles na biblioteca porque o libro está esgotado. É posible que o teñan na biblioteca municipal.

De todas formas déixovos aquí unha ligazón a un PDF co texto para descargar gratuitamete ou imprimir.

Jean Paul Sartre, filósofo e escritor naceu en 1905 e morreu en 1980

Un dos máis brillantes pensadores deste século, representante do movemento existencialista. Expresou gran parte da súa doutrina en obras dramáticas e novelas que alcanzaron resonancia universal. Como filósofo reflexionou sobre a soidade, a angustia, o fracaso, a morte...
Teorizou sobre o compromiso do intelectual co mundo e a realidade.

6

Julio González Álvarez

BREVE HISTORIA DEL CEREBRO

.

Como pode ser que todo o que nós pensamos, sentimos, cremos, entre nunha masa de neuronas do tamaño do noso cráneo? Que lugar ocupan nel a nosa memoria, os nosos gustos musicais, ou a imaxe dun rostro que non vemos dende a infancia? Algunha vez che preguntaches como é posible que a partir dun conxunto de células xurda un estado mental, ou mesmo un “eu” consciente?

Da páxina 267 á 295. Interesantes tamén os dous capítulos anteriores sobre avances recentes.

Julio González Álvarez,

Julio González

Preme na imaxe

7

Richard David Precht 
QUEN SON E ... CANTOS?

Quen son e ... cantos?

"Trata de "cuestións filosóficas da existencia humana e da humanidade", como anuncia el mesmo. Que pode un saber, sobre todo de sí mesmo? Quen son eu, que é o eu, os sentimentos, memoria, a verdade... Que facer, como obrar, por que son os homes quen de obrar moralmente, en que medida a bondade ou maldade se corresponde coa natureza humana?" (Tomado de EL PAÍS)

Da páxina 57 á 66, da 77 a 86, da 87 a 96, da 97a 108, da 123 a 129.

Richard david Precht

Precht

Preme na imaxe

8

Aquí podes encontrar libros moi diversos sobre a relación entre vida e morte. Se prefires, podemos falar dos libros antes de que escollas cal ler.

.

Last modified: Thursday, 14 July 2016, 12:42 PM