A bachata é un ritmo bailable orixinario de República Dominicana, cheo de folclore. Considérase un híbrido do bolero (sobre todo, o bolero rítmico) con outras influencias musicais de orixe africana e con outros estilos como o son, o merengue, o cha-cha-cha e o tango.

No pasado recente, era desdeñada como música das clases pobres e era coñecida como "música de amargados". Apenas era escoitada nas estacións de radio (con excepción dunhas poucas). Pero o interese xurdiu a partir dos anos 80, coa expansión dos medios masivos de comunicación, co auxe do turismo, e co esforzo dalgúns compositores que viron que xurdira un novo xénero. Autores como Juan Luís Guerra e Víctor Víctor nos anos 90, e de Luís Días desde os 80, achegaron unha visión diferente que articulaba esta expresión musical co urbano e de baixo estrato. A expansión do turismo en República Dominicana a partir dos 80, fíxolle gañar popularidade, e converteuna nun xénero que penetrou todos os estratos e espazos do país e internacionalmente. Chegando a ser moi distintivo de Republica Dominicana.
Last modified: Thursday, 14 July 2016, 12:42 PM