Browse the glossary using this index

Special | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | ALL

Y

BH

Youtube

by Benito Hermida Pérez 2BACA - Saturday, 14 November 2009, 5:02 PM
 

Youtube é un videoblog internacional e gratuíto, o máis popular do mundo, no cal os usuarios rexistrados poden colgar vídeos neste sitio web, comentalos, calificalos, respondelos e engadilos entre os seus favoritos e dende moitos foros ou blogs pódense engadir vídeos de Youtube.

Ten un gran problema co buscador de vídeos xa que ao non haber ningún control máis que sobre o contido das imaxes pódese buscar unha cousa e atopar outra totalmente distinta; pola contra ten un bo punto ao seu favor que é que dende os vídeos pódese acceder directamente a outos relacionados (inda que ás veces tamén haxa erros) e se pode responder a videos con outros semellantes.

Youtube foi creado en 2005 por tres amigos e gañou tanta popularidade e visitas que en 2006 Google mercouno por 1650 millóns de dólares.

É moi criticada debido a que se suben vídeos con dereitos de autor e iso custa problemas coas sociedades de autores e de feito en Alemaña debido a un problema coa GEMA (sociedade de autores alemana) Youtube deixou de ofrecer vídeos neste país.

youtube-logo.jpg

Logo de YouTube.

Ligazóns externas/ fontes de información:

Youtube.

Wikipedia.

BBC (Inglés).