AC

XML

por Ana Campelo Ucha 2BACA - martes, 13 de outubro de 2009, 1:40 PM
 

XML, siglas en inglés de Extensible Markup Language (linguaxe de marcas extensible), é unha metalinguaxe extensible de etiquetas desenvolvida polo World Wide Web Consortium. É unha simplificación que permite definir a gramática de linguaxes específicas. Polo tanto XML non é realmente unha linguaxe en particular, senón un xeito de definir linguaxes para diferentes necesidades.

XML non naceu só para a súa aplicación en Internet, senón que se propón como un estándar para o intercambio de información entre diferentes plataformas. Pódese usar en bases de datos, editores de texto, follas de cálculo...

XML é unha tecnoloxía sinxela que se usa para compartir a información dun xeito seguro, fiable e doado.

Informacion sacada de la wikipedia.

» Glosario