Un procesador de texto é unha aplicación informática destinada á creación e edición de documentos de texto por medio de un ordenador. Realiza a mesma función que a antiga máquina de escribir.Como regla xeral, todos os procesadores de texto poden traballar con distintos formatos de parágrafo, tamaño e orientación das fontes, efectos de formato, ademais de contar coas propiedades de poder cortar e copiar texto, fixar espazos entre liñas e entre parágrafos, aliñar parágrafos, establecer sangrías e tabulados, crear e modificar estilos, activar presentacións preliminares antes da impresión ou visualizar as páxinas editadas. Brindan ademais a posibilidade de intercalar ou superpoñer imaxes ou outros obxectos gráficos dentro do texto. Tamén incorporan correctores automáticos de ortografía e gramática así como diccionarios multilingües e de sinónimos que facilitan o labor de redacción.
Algúns procesadores de textos son os seguintes: -Software libre: OpenOficce.org Writer, AbiWord, GNU TeXmacs, KWord, LyX ... -Software privativo: De pago: Microsoft Word, Jarte, IBM Lotus Symphony... En línea: Google Docs, Open Goo, ZCubes, WriteOnline, Shutterborg...