Son células carentes de núcleo, cunha estructura moi simple, o seu ADN encóntrase no citoplasma onde non se aprecian orgánulos agás os ribosomas. Teñen bastante resistencia ás condicións externas adversas. As bacterias pertencen a este grupo. Reprodúcense por bipartición, o individuo xerado ten a mesma dotación cromosómica e idéntico xenoma que a célula proxenitora.
Considérase que son as células que ao longo dun proceso evolutivo de 1500 millóns de anos deron lugar a outras máis complexas, as células eucariotas, que posibilitaron a multiplicidade de organismos.