Afaite a pensar que a morte non ten nada que ver connosco, porque todo o ben e todo o mal radica na sensación e a morte é a privación da sensación.
O recto coñecemento de que a morte nada é para nós fai feliz a mortalidade da vida, non porque engada un tempo infinito, senón porque elimina a ansia de inmortalidade. Nada temible, en efecto, hai no vivir para quen comprendeu que nada temible hai no non vivir.