¡Magnífico artigo, EVA! ¡Canto nos queda por aprender! Creo que o fundamental é retomar a postura de Sócrates cando afirmaba que os sabios son os que se dan conta do que lles falta por saber.
Os modelos educativos teñen que ser redeseñados unha e outra vez se queremos que non perdan o compás do cambio social. O alumnado terá que facer modificacións moi profundas na súa concepción da escola e da educación. Teñen que deixala de ver como un cárcere ao que se ven obrigados a entrar tódalas mañáns, para ser un lugar de encontro coas persoas coas que desenvolven os seus aprendizaxes por múltiples medios a calquera hora do día e desde calquera lugar.
En canto aos "profes" teremos que ir tirando ao lixo tantos prexuizos que levamos dentro.
Tamén é verdade que se non cambiamos de mentalidade, e facemos mal uso destas tecnoloxías, estas poden xerar bastantes disfuncións, é dicir, problemas derivados do seu mal funcionamento.