Foro

Reflexión grupo Javier Álvarez Oltra

Re: Reflexión grupo Javier Álvarez Oltra

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

Na miña opinión:

Que dificultades tivestes?

-Atopar o Microsoft Publisher para traballar na casa (ao final non o puidemos descargar e tivemos que redatar o traballo na clase).

Que foi o mellor do proceso e que o peor?

O mellor foi poder traballar en grupo e usar o Google Docs, que simplifica moito a tarefa xa que un se pode conectar cando queira e os outros non teñen que estar espacialmente preto.

Inda que houbo detalles menos agradábeis penso que non houbo nada destacadamente negativo coma para calificalo de "o peor".

Como poderiades mellorar as vosas estratexias de traballo para outra vez?

Penso que deberiamos adicarlle máis tempo e esforzo ao contido e menos á forma, con que un traballe no Publisher é máis que suficiente; ou incluso penso que poderiamos traballar todos á vez na información e deixar o do Publisher para o final e non facelos de forma paralela.

Que erros de organización ou doutra índole cometestes?

O que respondín na pregunta anterior, creo que tiñamos que adicarlle máis tempo ao contido e ter estruturado mellor o traballo de cada un para axilizar.

Como credes que a miña axuda pode ser máis efectiva en próximas tarefas?

Estivo ben en xeral, pero tamén creo que podería indicarnos onde conseguir o Publisher porque cando quixemos traballalo na casa non puidemos xa que ningún ten o susodito.

Ten algunha vantaxe esta forma de traballar colaborativamente?

Si, moitas, empezando porque os outros poden correxir os errores dun e que se se reparte ben o traballo o tempo total divídese entre o número de participantes do grupo.

Quedastes satisfeitos co voso documento final?

Eu estou, en xeral, satisfeito, pero tamén creo que podería estar algo mellor.