Foro

Reflexión grupo Javier Álvarez Oltra

Re: Reflexión grupo Javier Álvarez Oltra

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Que dificultades tivestes?

Tiven dificultades na rapidez do foro e no glosario xa que as miñas entradas foron retocadas varias veces segundo os consellos da profesora. En respecto aos plazos de entrega das andadeiras pareceume racional o seu atraso. Foi difícil para min a perfección coa que tiña que estar todo.

Que foi o mellor do proceso e que o peor?

Creo que foi útil aprender a utilizar novos programas e aplicacións, pero a maoiría non son necesarios. Excepto o GoogleDocs que é moi útil e o utilizamos no traballo de relixión. O glosaria serviúme para aprender cosas de palabras utilizadas na informática que non coñecía.

Ao principio as clases foron un puco desastre, non sabíamos que facer e estabamos moi mal organizados. Creo que o non dar información do que íamos a facer en TIC foi o peor, apuntámonos ao loco soamente tendo a certeza que tiña que ver coas tecnoloxías.

Como poderiades mellorar as vosas estratexias de traballo para outra vez?

Organizándonos mellor, e repartir as cousas ben. Houbo xente que durante o traballo das andadeiras non fixo nada ou a súa presencia non aportou nada, esta xente non tiña claro que había que facer ou como facelo. A COMUNICACIÓN.

Como credes que a miña axuda pode ser máis efectiva en próximas tarefas?

Pode resultar de axuda ao comezar cun novo traballo aunque algúns tampouco os coñecía. As corrección foron pesadas, pero se tiña que ser perfecto, grazas a repetilo varias veces e correxilo chegou a selo.

Ten algunha vantaxe esta forma de traballar colaborativamente?

Durante a clase para nós foi case un impedimento pero sirve moito para o futuro e entender que o traballo en solitario as veces non é mellor.

Quedastes satisfeitos co voso documento final?

A verdade é que si. Penso que grazas ás supervisións e correccións quedei satisfeito.