Foro

Reflexión grupo Javier Álvarez Oltra

Re: Reflexión grupo Javier Álvarez Oltra

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0
Na miña opinión:

Que dificultades tivestes?

Unha dificultade foi encontrar toda a información necesaria xa que levou moito tempo. Outra foi o publisher xa que demasiados membros do grupo se encargaron del xa que solo podiamos traballar con el na clase.

Que foi o mellor do proceso e que o peor?

O mellor creo que foi aprender a traballar co google docs. Penso que é a aplicación máis útil que estamos a utilizar, axudounos moito para poder finalizar a tempo a andadeira.

O peor creo que foi a organización, a nosa organización penso que foi bastante mala e fixo que perderamos moito tempo tanto na busca de información como traballando no publisher.


Como poderiades mellorar as vosas estratexias de traballo para outra vez?

Como acabo de dicir creo que mellorando a organización poderíamos aforrar moito tempo, tempo que poderiamos invertilo en mellorar a andadeira ou en calquera outra cousa.


Como credes que a miña axuda pode ser máis efectiva en próximas tarefas?

Penso que si as correccións son máis continuas ao final o traballo non necesitará tantos retoques de última hora e quedará mellor feito e presentado.

Ten algunha vantaxe esta forma de traballar colaborativamente?

Si, ten bastantes vantaxes pero tamen desvantaxes. Primeiro direi unha vantaxe como é a rapidez de traballo e a comodidade de traballo.

Unha desvantaxe é que algún membro do grupo pode non traballar ou estar buscando información doutra índole parecendo que traballa cando realmente non fai nada e iso afecta a todo o grupo.

Quedastes satisfeitos co voso documento final?

SI, penso que quedou unha presentación máis que aceptable feita en pouco tempo e con recursos limitados, xa que ningún de nos tiña o publisher na casa e iso retrasou bastante a nosa andadeira.