Para min, os principais problemas que tivemos neste primeiro traballo foi saber escoller a información necesaria,a súa sintetización e traducila ao galego, xa que collimos moitas cousas de moitos sitios pero non sabíamos como organizar todo, mesmo había información repetida. Tamén houbo moita falta de organización entre os membros do grupo e centramonos máis no diseño do Publisher que en preparar o realmente importante que era o texto.
O mellor foi aprender a utilizar o citado Microsoft Publisher que eu persoalmente non tiña idea de como funcionaba.
Aínda que este primeiro traballo non saiu moi ben,penso que si ten vantaxe traballar colectivamente xa que todo o mundo pode aportar ideas e axudar a que quede mellor.