Foro

Reflexión sobre o proceso de traballo da Andadeira 1

Reflexión sobre o proceso de traballo da Andadeira 1

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Rematada a tarefa da elaboración dunha andadeira sobre a creación de presentacións, pídovos un pouco de reflexión SERIA sobre o proceso polo que cada grupo conseguiu o obxectivo proposto.

Algunhas preguntas para que vos sirvan de pauta, non tedes que contestar a todas:

Que dificultades tivestes?

Que foi o mellor do proceso e que o peor?

Como poderiades mellorar as vosas estratexias de traballo para outra vez?

Que erros de organización ou doutra índole cometestes?

Como credes que a miña axuda pode ser máis efectiva en próximas tarefas?

Ten algunha vantaxe esta forma de traballar colaborativamente?

Quedastes satisfeitos co voso documento final?

Tede presente que traballar xuntos non implica necesariamente colaboración, que en todo proceso novo hai aspectos que deben ir mellorándose, e que facer autocrítica e análise do traballo en equipo é a mellor forma de establecer relacións interpersoais frutíferas e gratificantes con vistas á produción social, neste caso, de coñecemento.

É mellor que cada grupo faga unha entrada no foro con este tema e os membros dese equipo que colaboren no debate da entrada que lles corresponde. Pero tod@s ler o de tod@s.