Foro

Pensando na avaliación

Pensando na avaliación

by Deleted user -
Number of replies: 0

Pensando na avaliación, e máis que nada en coller hábitos útiles e eficaces de traballo, cómpre que fagades unha revisión do glosario, mellorando e completando a súa información con vídeos, imaxes, ligazóns, explicacións precisas e sinxelas, sen erros ortográficos e de redacción. Sabedes que o peor que podedes facer é o corta-pega. Lede as entradas dos compañeiros e ofrecédelle a vosa visión por medio dos comentarios.

Estaría ben que, cada vez máis, fórades quen de simultanear tarefas, por exemplo, realización de andadeiras ou outras investigacións, revisión do glosario, mantemento do foro e estar un poco atentos ás novidades que se insertan no "curso".

A DATA LÍMITE PARA A REVISIÓN DO GLOSARIO ANTES DESTA AVALIACIÓN É O 30 DE NOVEMBRO ÁS 23:00 HORAS.