Que non se diga que non sabedes o suficiente inglés para entender este video.!!!!
É un video ben interesante porque, con motivo do 11 aniversario do nacemento da empresa e en pouco máis de dous minutos, os creativos de Google UK foron quen de resumir, mediante un vídeo corporativo colgado en You Tube, tamén propiedade de Google, toda a historia da empresa desde a súa fundación nun garaxe hai nada máis que once anos , ata a actualidade. Neste traxecto todo cóntase por éxitos, desde o propio buscador ata Google Chrome, pasando polo nacemento de Gmail ou a compra de YouTube.
Para facernos unha idea, no ano 2001 puxeron a primeira oficina internacional en Tokio e hoxe, 8 anos máis tarde, están practicamente en cada recuncho do planeta