Foro

Documentos compartidos

Documentos compartidos

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

Trátase de que aproveitemos as aplicacións da web 2.0 para traballar conxuntamente aínda que non compartamos o mesmo lugar físico ou o fagamos asincronicamente (non ao mesmo tempo). Google Docs permítenos compartir, ben para ver, ben para editar, os documentos que nos queramos, podendo formar así grupos de traballo, moi útiles para facer actividades académicas e mesmo para organizar unha viaxe como é o noso caso.

Unha vez teñades tod@s a conta aberta, seguindo as instrucción dadas na clase, invitade a compartir co resto do grupo  (atopades os correos no noso curso premendo en participantes e logo perfil) o documento que xeredes sobre calquera aspecto relacionado coa viaxe, destino, data, custe máximo, argumentos para convencer ás familias, fonte de ingresos, etc.

Cando a persoa que creou o documento, é dicir o propietario do mesmo, considere que as colaboracións dos demais remataron, e tras darlle forma final, debe mandalo a esta plataforma para o que existe un medio específico para envio de tarefas na sección 5 de Actividades: Envio dos documentos consensuados