As cousas non son tan doadas. Cando se fala de fiabilidade estamos dalgunha maneira referíndonos a que o artífice dun sitio web sexa quen dice ser, non faga un uso fraudulento de datos, non transmita software perigoso... e que aquilo que ofreza unha web estea contrastado, sexa verdadeiro.
O problema está en que non sempre é facil determinar que é verdadeiro, nin todo ten os mesmos grados de contrastación. De modo que a Wikipedia, unha creación magnífica de coñecemento colectivo, é igualmente susceptible de que os seus contidos sexan sesgados, sigan a perspectiva maioritaria pero non a do experto, ou estean exentos de análise crítica (aceptación sen máis do aceptado socialmente sen comprobación dos fundamntos).
Hai entradas moi potentes que ademais teñen a virtude de que derivan a outras webs, sendo posible abrir unha liña de investigación. Outras polo contrario son máis parciais e dependen da perspectiva e ideoloxía do seu autor, do que non temos constancia da súa autoridade no tema nin do seu rigor investigador.
Polo xeral, entradas relativas ao mundo da computación e dixital acostuman a ser bastante solventes, mentres que as garantías de neutralidade son moito menores cando se fala de temas filosóficos, históricos, políticos, etc. A información que dan é froito dunha selección que pode desvirtuar a calidade da información debido á brevidade exixible ao artigo, xunto co feito de que quen escibe sabe que os potenciais recptores das mensaxes non teñen por que estar iniciados no tema, ni compartir o mesmo código.
Por tanto é moi útil para obter definicións coas que orientarnos, pero non a debemos converter nun "libro sagado", nun dogma incuestionable.