Foro

Páxinas fiables.

Re: Páxinas fiables.

by Deleted user -
Number of replies: 1

Wilkipedia é unha boa enciclopedia e responde a unha idea magnífica como tod@s sabedes. Comparto que non é fácil que erros importantes "sobrevivan" nela posto que sempre haberá alguén que os corrixa. Cumpre basicamente a función de calquera enciclopedia en calquera soporte: proporciona un punto de partida máis ou menos rigoroso pero normalmente aceptable para empezar (depende da sorte que teñamos co tema requirido) . Calquera traballo de indagación, aínda que sexa un traballo escolar, será pobre e obviamente repetitivo se todos nos limitamos a este tipo de fonte. É necesario utilizar outras fontes especializadas e contrastadas que proporcionen elementos de debate, de opinión crítica, de reflexión.  É preciso aprender a quedar "expost@s" a este tipo de fontes, mergullar nelas un pouco, aínda que as veces nos rebasen, e sacar algunhas conclusións logo de contrastar diferentes enfoques. A consulta de varias fontes, que sempre debemos citar, é un requisito imprescindible de calquera traballo ou intento de investigación minimamente rigoroso, por moi básico e sinxelo que sexa. Wilkipedia pode ser, como non, un bo comezo. Un punto de partida.

 Saúdos nocturnos
EVA
Re: Páxinas fiables. by Deleted user -