Por suposto que podedes escribir en castelán ou en galego. Noutras seccións, como o glosario, pídovos encarecidamente que o fagades en galego, mantendo tamén a uniformidade en formato de letra, xustificación de párrafo etc. Trátase de que ese glosario sexa útil para outro alumnado, por exemplo para que os máis cativos que manexan os ordenadores da bioblioteca o poidan consultar.
Xa vos dixen ao comezo do curso que este é un foro académico e temos que coidar a escrita, a redacción e ortografía, non usedes, por tanto, a linguaxe dos vosos chats e mensaxes de móbil.
Moitas grazas por voso esforzo, sei que estou a ser estricta neste aspecto.