Foro

Pros e contras de internet

Re: Pros e contras de internet

by Deleted user -
Number of replies: 0

Unha vantaxe da que se falou na aula (non lembro con que grupo) pero que merece ser comentada é o cambio na direccionalidade da información.

Tradicionalmente, os medios de comunicación, prensa, radio, TV envían as mensaxes aos receptores (tod@s nós), que apenas tíñamos voz. A Internet permite o intercambio de información, é unha comunicación horizontal, entre as persoas. Isto é moi interesante cada un de nós se pode convertir en emisor e compartir experiencias e coñecementos, organizarnos socialmente...

Creo que isto pode ser tan importante como que internet sexa un cúmulo de datos, e informacións.

Dádevos conta das repercusións que isto ten tanto a nivel político (oposición a dictaduras, corrupción, etc) como educativo, científico, artístico ...?