Certamente, o que se chama fenda dixital (la brecha digital) consiste nunha separación cada vez maior entre aqueles países e sociedades que teñen acceso a información e as que non. Isto acabará por ser un elementro de discriminación maior que o acceso á riqueza, ou mellor dito, vai ser un elemento provocador de pobreza para aquelas sociedades que se queden atras na senda das TIC.
A isto convén que engadades que hai importantes sectores de poboación, mesmo na nosa sociedade "desenvolvida" que tampouco son quen de coller o tren das TIC.
Poderías precisar algo ao respecto?