Foro

Pros e contras de internet

Re: Pros e contras de internet

by Deleted user -
Number of replies: 0

Paréceme moi interesante o que estás a dicir, Estanislao, respecto á falta de privacidade. Eu penso que os que están tras Google e outras empresas deste mundiño, posúen unha moreira de información de cada un de nós. Se un Estado totalitario ou autoritario, ou ben unha macro empresa como Google, cruzara todos os datos procedentes de rastrexar o noso paso pola rede saberían máis de nós que se tiveramos cámaras de Gran Hermano ao noso redor. Que cine, libros, música nos gusta, que orientación ideolóxica, política e mesmo sexual temos.

Por non falar de como poden recibir información de datos do noso propoio ordenador, mediante os programas espías ...

Este é un elemento a ter en conta na medida en que a meirande parte das aplicacións que usamos tod@s están en máns de moi poucas empresas.