Foro

Sobre o vídeo: Sabemos preguntar?

Re: Sobre o vídeo: Sabemos preguntar?

by Deleted user -
Number of replies: 0

De acordo María e Óscar. Pero ademais hai unha importante cambio. Antes a información estaba "pechada", no cerebro dos expertos, mestres, libros e bibliotecas aos que se tiña un acceso limitado dependendo dos medios, agora cuns cantos clics temos máis información sobre un tema da que podemos ler. O importante xa non é memorizar todos eses datos, que podemos recuperar unha e outra vez premendo un botón, senón buscar os datos axeitados, valorar se son ou non fiables, entendelos, contrastalos, englobalos en perspectivas ou teorías máis amplas e complexas,.... a memoria segue a ser importante pero non o primordial dadas as circunstancias actuais de acceso á información.