Foro

EVA COMENTA

EVA COMENTA

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 4
  • Xa lin todas as vosas motivacións para escoller esta optativa. Interesante o que estades a dicir de utilidade e oportunidade de sacar boas notas. É a combinación perfecta para unha asignatura, pero teño que facer algunhas puntualizacións:
  1. Desculpade a inmensa, inmensísima maioría,  pero me sobran un par de comentarios estupiditos, me sobran un par de chorradas que para nada veñen a conto. Iso o podedes deixar para os vosos Messengers, Tuenties e demais. Isto é unha actividade académica.
  2. Teño unha capacidade de memoria practicamente infinita  e os nomes dos dous ou tres graciosos están rexistrados. Que non se repita porque podo non ter piedade nos meus comentarios (os seres virtuais é o que temos, que queredes).
  3. Entendo que xente da vosa idade sabe diferenciar entre un foro relaxado onde se admiten bromas e comentarios que so tratan de provocar máis comentarios sen sentido.
  •  Agora quero falar das vosas aportacións á pregunta sobre cal é o invento máis importante.
  1. Supoño que o que contades foi escrito ANTES de ler o artigo. Afirmo que o nivel é como moito de 1º o 2º ESO. Espero máis de todos e todas vós. Salvo un par de excepcións estou máis que aburrido. Seguro que o podedes facer mellor, moito mellor.

SEGURO QUE NON SERÉ SEMPRE TAN ROSMÓN. SÓ QUERÍA DEIXAR AS COUSAS CLARAS NESTES PRIMEIROS CONTACTOS.

Saúdos un pouco decepcionados

EVA

Re: EVA COMENTA de Usuario eliminado -
Re: EVA COMENTA de Usuario eliminado -
Re: EVA COMENTA de Usuario eliminado -
Re: EVA COMENTA de Usuario eliminado -