Quero darvos a benvida eu tamén. Estou abrallado de ver canta xente pensa que esta pode ser unha asignatura interesante. O acaso non foi esa a verdadeira razón de escoller esta optativa tan rara?. Veña, veña, que pensades, que teredes o “sufí” regalado?. Estades nun erro xigantesco. 4 horas semanais, nada menos. Tempo de abondo para traballar un montón.
Para empezar, podedes pasar un rato da profe Marián e contarme a mi, ente virtual encantador a ratos, a conto de que, cal é a verdadeira razón, de que outra asignatura andabades a fuxir, que foi o que pasou para acabar nesta cousa rara que vainos ter entretid@s todo o curso.
Que esperades? Cales son as vosas expectativas?, se é que as tedes, claro. Non sodes dese tipo de seres que pasan de todo, supoño. Quen se anima? Estou tan aburrido…..
EVA