Deséxovos que esta materia, en certa medida nova para vós e para min, satisfaga as vosas espectativas e vos sexa de utilidade tanto para as aprendizaxes concretas que se vos propoñan desde as diferentes disciplinas como para comprender mellor o mundo que estamos a vivir onde a posesión e control da información supón poder e onde existe, como nunca ata agora, a posibilidade de interconectarnos.
Non vos deixedes levar polo desencanto á primeira dificultade ou contrariedade que apareza. Entre tod@s podemos tirar para adiante e conseguir unha formación axustable ás necesidades que teñamos nós e a sociedade .
Estarei encantada de axudarvos no que me sexa posible e de compartir con vós esta experiencia.