Foro MEDITA

A morte e o pensamento

A morte e o pensamento

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

A morte e o pensamento

Se tes feito o anterior é posible que saibas do teu “estar” respecto da morte, a que posición filosófica se achega máis?

Cal che parece menos defendible?

Paréceme interesante o plantexamento de David Hume, o cal poderíamolo empregar para reflexionar sobre temas de plena actualidade. Se é só Deus quen nos dá a vida e quen nola quita, e é a providencia quen guía os nosos destiños, ¿porqué temos que impedir que leve a cabo os seus obxectivos ao desenvolver e aplica-la medicina para prolongar a nosa existencia? É sen dúbida una pregunta que dende unha concepción cristiana da vida é moi difícil de respostar. De todolos xeitos eu entendo que un cristián que cre que Deus lle outorga a vida pense tamén que él non é quen de suicidarse, e por iso durante séculos non se permitiu que os suicidas descansasen nos cemiterios.

Creo que hai unha idea en Kant que exemplifica moi ben o seu pensar: “aquel que está disposto a quitarse a vida non merece vivir”. Deixase claro aquí o sen sentido de seguir vivindo cando un xa non encontra o seu lugar, ou se encontra nunha situación tal que prefire acabar coa súa existencia a sufrir algún tipo de consecuencia de dimensións non tolerables por él. Por iso penso que en situacións límite o suicidio pode ser a única vía, e así o asimilaron culturas como a xaponesa co “haraquiri” ou o consideraron importantes personalidades históricas como Adolf Hitler ou Salvador Allende, que prefiriron morrer antes que rendirse ao inimigo e afrontar as represalias.

Nietzsche tamén ten ideas que eu considero importantes, pois cando se perde os sentido da vida e un xa non pode actuar e pensar con normalidade e facer o que fai calquera ser humano, dalgún xeito deixa de selo, e é mellor unha morte honrosa e digna que unha agonía penosa, custosa e triste para os que rodean a esa persoa. Polo tanto, quen pense así e ningún concepto relixioso, ético ou filosófico llo impida, pode considera-la posibilidade da eutanasia.

Non estou dacordo con Agostiño de Hipona no xeito en que compara o asasinato co suicidio, pero volvo a entender a posición dun cristián que cre que a súa vida lle pertence a Deus e que él non ten dereito a desprenderse dela. Pero supoño que na mente dunha persoa nese estado só se ten en conta a un mesmo, e de xeito un tanto egoísta se desentende  dos principios que defende para cometer suicidio. É descoñecido e perigoso aventurar o que pode pasar pola cabeza dun home ou unha muller nese estado, e quizais poda xulgar mal e tomar a decisión equivocada influída polo estado no que se atopa, pero de todolos xeitos, pouco importará xa cando estea morto.