Foro MEDITA

A morte e o pensamento

Re: A morte e o pensamento

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 1

Enténdese ben a túa postura. O único que debo engadir é que a posición de Kant é máis complexa de como quedou aquí reflectida.

El mantén ante todo a necesidade de autonomía moral,  requerimento de todo obrar moral. Desde ese punto de vista, cada ser humano é o que ten que elixir. Pero engade que o obrar moral correcto é aquel que se fai para cumprir co que cada un considera o seu deber, e o deber pode estar rifado coa felicidade.

Así alguén para podería, aínda que considerara que o seu deber era seguir vivindo, elixir escapar da dor, do displacer, elixindo a morte. Nese caso o seu obrar non sería moralmente bo, e o razoamento de Kant é que só o que se fai por deber pode ser bo.

Pero nós podiamos contestarlle a Kant dicindo que un pode considerar que o seu deber é morrer en paz, sen crear máis angustia ao seu redor, nin gastos innecesarios que foran en detrimento dos coidados a outras pesoas que poderían curarse con eses tratamentos e bla, bla, bla  Entón, alguén, mesmo podería considerar que o seu deber é non prolongar a vida máis aló dos límites razonables.

Un pouco complexo, non?

Re: A morte e o pensamento de Usuario eliminado -