Foro CREA

Palabras!

Re: Palabras!

by Deleted user -
Number of replies: 0

Grazas polas túas palabras, Alba. Pero quero que saibas que chegan un pouco tarde, non sei se viches a entrada anterior onde vos achego unha tabulación con todas as vosas asociacións, as que estaban nese momento, aínda que non o pareza iso leva un montón de tempo facelo, e agora debe ser remodelado porque alguén, neste caso ti, non cumpriu os prazos.

A verdade é que persoalmente estou defraudada polo escaso interese que mostrades, agora me refiro a tod@s, non hai comentarios no foro, nin intentos na wiki, seguramente nin se len todas as entradas. Esta é unha actividade voluntaria, pero no momento en que se adquire o compromiso de participación hai que ser resposable da tarefa de cada un, porque tod@s dependemos de tod@s. Non sei o que vos importan os puntos con que se primaba este labor, en principio eu cría que o faciades polo interese que o tema tiña para vós. Neste momento non teño claro nada.

Alba, esta queixa non é en exclusiva para ti, nin moito menos. Pídoche que lle comentes aos compañeiros e compañeiras desta actividade que vexas na clase, o descontento que sentimos as profesoras que con tanta ilusión comezamos isto (creo que Charo participa da miña preocupación).

Dilles que lean esta e as anteriores entradas do foro onde vos instamos a que fagades as composicións xa que se pasa o tempo.

Se non hai resposta masiva pola vosa parte, teremos que tomar Charo e máis eu algunha decisión ao respecto. Pode que non haxa volta atrás.