Foro de dúbidas

apertura dun suposto

Re: apertura dun suposto

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Efectivamente Concha ten razón, podes supoñer o que desexes, o problema é extraer do suposto algo e SÓ PODES EXTRAER UNHA FÓRMULA APLICANDO ALGUNHA DAS REGRAS. Así que cando se abre un suposto hai que saber que é o que pretendes con iso, é dicir, que estratexia estás a seguir.

O normal, por tanto, é supoñer o contrario da coclusión se vas facer unha redución ao absurdo. Supoñer o antecedente da conclusión, cando esta é unha implicación, se vas a aplicar unha introdución do condicional. Supoñer cada un dos membros do disxuntor se vas a aplicar a eliminación da disxunción.