Foro CREA

Palabras

Re: Palabras

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Estou totalmente de acordo contigo Macarena, a morte dalguén relevante afectivamente para nos é unha perda terrible.

Permíteme un comentario sobre as frases que se usan para dar o pésame xa que fas referncia a iso: Parece ser que as frases feitas, sobre todo esas moi manidas "acompáñoche no sentimento", "o tempo o cura todo" etc, non axudan moito a quen as recibe, e mesmo o poden facer sentir só e illado. Cando nos achegamos a alguén que acaba de sufrir unha perda e non sabemos que decirlle ou como expresar o que lle queremos transmitir, simplemente podemos ofrecerlle a nosa presencia, un estar con atención: neses momentos ESCOITAR é máis importante que falar. O contacto físico, un abrazo sosegado, un cálido apretón de máns, son mellores transmisores de afectos que as palabras. A nosa actitude, se queremos axudar aos doentes, é a de facerlle sentir que entendemos que estea mal, que aceptamos a súa rabia e dor, que podemos compartir ou presenciar o seu pranto. Se lles axuda cando se lles fai ver que non é preciso que disimulen o seu sufrimento.

Algo similar é recomendable cando se está a compartir momentos duros coa persoa enferma ou en fase terminal. O sentimento de soidade e abandono resúltalles  insoportable. Por outro lado coidadores/as e acompañantes non saben que deben dicir, que deben calar, como actuar. A verdade é que non hai regras, pero unha comunicación honesta e sen eludir os temas que realmente lle importan á persoa enferema ou morrente son comportamentos sensatos, se lle engadimos o estar, a caricia, tomarlle a man, posiblemente lle facilitemos a aceptación da súa situación.