Foro CREA

Palabras

Re: Palabras

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 2

Ben Macararena, algunhas destas palabras xa foron citadas polos teus compañeiros,  pero engade as novas na wiki.

Cando te refires a "perda" (por certo, engádea así en galego), non sei se te das conta que hai perdas moi importantes para os seres humanos ademais da morte, por exemplo, unha enfermidade importante leva aparellada unha serie de perdas como perder certas capacidades, autonomía, partes do corpo. Cando alguén é abandoado por quen quere, parella, fillos, pais, tamén sofre perdas significativas, e poderiamos seguir citando circunstancias nas que a persoa se ve afectada por perdas. É un concepto, polo tanto, a ter moi en conta.

Re: Palabras por Usuario eliminado -
Re: Palabras por Usuario eliminado -