Foro CREA

Palabras.

Re: Palabras.

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 4

É realmente suxerente a palabra "descontrol", certamente a morte pon límites á vida e ao que é lícito facer. O importante de todos modos, para que o debate non se vaia polas ramas, é se vós sentídevos inmortais. Explícome, unha cousa é saber que a xente morre, que todos os humanos morren e que un ao ser humano tamén ten que morrer. Outra cousa diferente é ter a sensación de que a morte non vai con un mesmo, en todo caso cando sexa vello/a, é dicir non conmigo, persoa presente e real neste instante. Por iso se trata de pensar se realmente nos sorprendería, como se non fose posible, que a morte nos pode chegar. Quizais estou errada, pero hai investigadores que coma min cren que mozos e mozas actúan de forma allea a morte, como se non lles poidera afectar a eles e aos seus. Sobre todo son quen de correr grandes riscos porque a morte a ven coma irreal, como se fora de película. Algo así.

Que decides?

Re: Palabras. por Usuario eliminado -
Re: Palabras. por Usuario eliminado -
Re: Palabras. por Usuario eliminado -
Re: Palabras. por Usuario eliminado -