Foro CREA

as miñas palabras relacionadas coa morte. EUTANASIA

Re: as miñas palabras relacionadas coa morte

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Quizais debamos diferenciar os obxectivos que el propón para o morrer, que moi ben recollestes ti e Belén, e por outro lado "o eterno retorno". Repito por se non fun moi clara, xa no gregos existía esa idea, todo é un ciclo, segundo eles todo comeza no lume e ao lume vai voltar, e ese círculo reanudarase eternamente. Nietzsche recolle esta idea: entón si hai volta atrás, hai un eterno repetirse, os puntos do círculo por onde hai que pasar exactamente, infinitas veces. El  interróganos acerca de que elixiriamos para facer en cada momento se soubésemos que ese momento ía repetirse eternamente, cada vez que pasásemos por ese punto de círculo.

Non sei que pensades vós, ao meu paraecer a morte eterna en canto persoa case me parece unha liberación fronte ao eterno retorno.