Significa exactamente que tes que intentar pensar en 5 palabras que asocies coa morte das persoas que máis che importan e subilas a este foro. E facer o mesmo co resto das instruccións.Tamén podes subir algunha imaxe ou canción ou video ou algo que che pareza interesante asociado a estas palabras, se queres.
Cando remates tes que escribir algo persoal, vagamente literario, se me permites a expresión ( quero dicir que non ten por que parecer escrito por Borges) utilizando algunha desas palabras na wiki. Non algo que lle pasou a un amigo, familiar ou coñecido. Non, mellor algo no que, dalgún xeito, fales un pouco dos teus sentimentos en relación coa morte, aínda que sexan imprecisos e difíciles de definir, como é lóxico a vosa idade. Ánimo Luis.