Precht: QUEN SON E CANTOS?

Que é a linguaxe? "A mosca na botella"

Que é a linguaxe? "A mosca na botella"

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 2
Decidín comezar por este apartado xa que ten relación con tema que estamos vendo en Filosofía e pode resultar de axuda para comprendelo.

Para comezar, querería aclarar o concepto que mantén Wittgenstein de que a linguaxe é o centro da filosofía. O que eu entendín foi que Wittgenstein afirma que a base da filosofía é a linguaxe xa que sin ela, non poderíamos expresar nada das nosas opinións.

Tamén querería comentar a utilización que desexaría facer Wittgenstein sobre a linguaxe. El opinaba que todas as proposicións carentes de sentido ou absurdas deberían ser descartadas, para dar lugar á creación duha unha "linguaxe de precisión" que permitise describir obxectos dunha forma totalmente obxectiva e exacta. Ao igual que o autor, eu tampouco penso que sexa boa a utilización desta linguaxe, xa que perderíamos tódalas ironías, dobres sentidos ou metáforas, por exemplo, que enriquecen tanto unha lingua.
Re: Que é a linguaxe? "A mosca na botella" por Usuario eliminado -
Re: Que é a linguaxe? "A mosca na botella" por Usuario eliminado -