Precht: QUEN SON E CANTOS?

Que é a linguaxe? "A mosca na botella"

Re: Que é a linguaxe? "A mosca na botella"

by Deleted user -
Number of replies: 0
Paréceme complicado todo isto de linguaxe e non sei se o entendín ben, pero a miña reflexión é a seguinte:
O autor tamén fala da segunda etapa de Wittgenstein, pero non se para tanto como na primeira, a min me sorprendeu bastante que Wittgenstein non quixera saber nada das obxeccións que se fixeran ao seu Tractatus. A filosofía aínda que non é unha ciencia, é a madre de todas elas, e como dixemos en clase, sempre están dispostas a rectificar os seus posibles erros e cambiar totalmente de postura, cousa que Wittgenstein cos súa franca soberbia non fixo, aínda que despois dun certo tempo si rectificase.
Tamén chamoume a atención que as súas últimas obras inspiraron a aparición dunha das correntes filosóficas máis importantes do século XX, a filosofía analítica, que decía o seguinte: os problemas filosóficos sempre debían ser entendidos e analizados como problemas da expresión lingüística(definición do autor).

Por outro lado coincido con Gonzalo na súa aclaración do que Wittgenstein entendía como linguaxe, aínda que non sei por que é o centro da filosofia e non tamén o centro das ciencias, das relacións,etc, pois en case todo utilízase a linguaxe, dunha forma ou de outra.
Un saúdo