Bueno, despois de cavilar uns minutos, creo que estaría ben coller o apartado 5º "Os trazos específicos do animal humano: cerebro, linguaxe e cultura", aínda que antes de crear un tema a parte, poderíamos discutir unha posible división deste tema en dúas partes, xa que é bastante amplo. Con isto non quero dicir que eu non estea disposto a tratalo eu só, pero ao mellor non hai temas suficientes para o resto de compañeiros.