Precht: QUEN SON E CANTOS?

Elixide algún dos tramos de lectura

Re: Elixide algún dos tramos de lectura

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1
Efectivamente, estou comenzando a leer os capítulos, pero sen dúbida o capítulo que máis curiosidade me provocou foi o do subconsciente ("Una casa sin dueño, ¿qué es mi subconsciente?").

Este, é un tema que realmente interésame bastante, e penso que o autor achéganos unha boa definición do que é o denominado subconsciente.
Chamáronme a atención varios fragmentos do libro, entre eles querería destacar a afirmación que mostra de que o 90% das nosas accións veñen elexidas polo noso subconsciente. Parece que calquera cousa que queiramos facer, non é elixida por nós, senón por ese subconsciente. Incluso atreveríame a dicir que poderíamos agradecer a este subconsciente parte da supervivencia humana. E é que, déronse casos en que, por exemplo, unha persoa sobrevive gracias a tomar unha decisión ou outra nun momento determinado, explícome cun exemplo que, se mal non recordo foi real: Despois de un accidente marítimo, un superviviente naufragou enriba dunha barca de plástico durante varios días. Tiña sede e fame, conseguío pescar un pez, e o más curioso de todo é que este home centrábase en comer os ollos ou zoas onde houbera maior cantidade de líquido e nutrientes. Así, este home conseguíu sobrevivir ata o seu rescate algo tardío, pero él non sabía nada de anatomía, soamente, nese momento, o que máis lle apetecía comer do peixe eran esas zoas que ata o momento nunca lle gustaran. Case poderíamos dicir que o subconsciente é o dono do noso corpo e simplemente nos utiliza, supoño que por isto denomina ao capítulo "Una casa sin dueño".
Pareceume tamén curiosa a cita do autor na que asegura que un turista, non ve a cidade igual que unha persoa que busca traballo, ou igual que un petinador. Realmente, cando nos concentramos nunha cousa, non somos capaces de observar outros aspectos que nos chamarían a atención en outro tipo de condicións.
Xa por último, querería engadir a sorprendente vida de Sigmund Freud. O autor, descríbeo como un home moi extraño, e case coma un drogadicto. É difícil de imaxinar a vida que puideron ter todas aquelas persoas que estudiamos por unha acción dun momento da súa vida.
Re: Elixide algún dos tramos de lectura por Usuario eliminado -