Este tema é algo complicado, como saber si a maioría ten a razón ou a minoría. O que penso é que nunha maioría sempre existe algo de manipulación no pensamento da xente, son persoas que non teñen coñecementos suficientes e apostan polo cabalo gañador. Polo que se todo o mundo recibise unha boa educación e especializarase no tema evitaríase este problema.
Un exemplo son as eleccións recentes houbo un gran maioría do PP, o que vai darlle un poder total xa que os outros partidos non podrán facerlle fronte. Pero o que ocorre é que a maioría xente non votou ao PP por ser mellor que o PSOE, nin porque lle gustaba máis o seu plan electoral, votouno porque si co PSOE se iba mal entonces co PP se mellorara. Neste caso existe unha manipulación debido a que a xente votou ao que iba gañar, é certo que nestas eleccións os partidos minoritarios creceron pero non comparando co PP.
Ademáis, este problema vese reforzado polas leis. A lei de que non se pode gobernar sen unha maioría absoluta. A solución dos partidos é xuntarse, o que forma unha división do poder coas súas consecuencias. O que se quere con esta lei é o poder sen que nadie poida interceder. Esta lei, eu modificaría para que calquer partido que gañe unhas votacións poida gobernar sen ter unha maioría.