Xa tedes na páxina do curso de "Historia da Filosofía", no apartado "Probas", a actividade de redacción da primeira cuestión (a orixe do cosmos na corrente presocratica). É importante que practiquedes para facelo de xeito ordeado e sintético. O mellor método sería asimilar primeiro os contidos, intentar elaborar a redacción de memoria e logo proceder á súa revisión e perfeccionamento repasando o tema.